Cookies

Actívate Xogando

Actívate Xogando
Actividades lúdicas e de ocio vacacional, para nenos/as e mozos/as do barrio.

Desde - Hasta: 01/06/2011 - Actualmente

A poboación xuvenil do barrio esta moi alonxada e con febles vinvulos, dos espazos de participación e integración social,

Esa desvinculación convirtese nun factor de risco fronte a posibles consumos e/ou condutas adictivas

Desde a nosa Entidade, pensamos que se fai imprescindible abordar as situacións problemáticas (derivadas ou non do consumo) e de risco na infancia e mocidade, educando para o ocio e ofrecendo alternativas lúdicas saudables para o seu tempo libre.

As actividades deste programa van dirixidas a nenos/as e mozas/os do barrio de idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos.

Os Obxectivos do progroama son entre outros:

  • Diminuír a manifestación de conductas adictivas.
  • Incrementar as habilidades de resistencia
  • Fomentar o sentido da corresponsabilide no seu desenvolvemento persoal e relacional
  • Favorecer a implicación e participación da poboación xuvenil en actividades de ocio saudables.
  • Reducir a intención de consumo de drogas no futuro.
  • Incrementar a percepción do risco asociado ao consumo de drogas, en especial no caso do tabaco, o alcohol e o cannabis. 
  • Reducir a tolerancia/permisividade da xente nova respecto ao consumo de drogas no seu medio social próximo.

Para conseguir estes obxectivos, desenvolvemos actividades lúdicas, de ocio vacacional e de colaboración responsable co fín de abordar, nun marco informal, as situacións problemáticas e de risco. 

Na actualidade estmos a preparar novas edicións de: 

  • Olimpiadas interanpicas
  • Actividades ludicas e deportivas: Xogos grupais, futbol, ...
  • Actividades de Ocio vacacional: Saidas, Entroido, ...

Para coñecer as ANPAS e agrupacións deportivas coas que colaboramos pica aquí