Comité Técnico
Creado en outubro de 2004, o Comité Técnico do Barrio é un espazo de encontro, reflexión e participación permanentes entre profesionais que operan nos diferentes recursos que interveñen no Barrio de Teis.
É un órgano informal sen poderes decisionais.
As súas funcións son propositivas e de asesoramento cando lle é requirido. Entre elas, destacan as seguintes:
- Favorecer o intercambio sistemático de informacións entre os diferentes recursos.
- Fomentar a colaboración / coparticipación de diferentes recursos nun programa común, evitando eventuais duplicidades e optimizando as intervencións.
- Establecer protocolos de actuación recoñecidos e formalmente suscritos polas diferentes institucións implicadas.
- Elaborar e apoiar programas e experiencias comunitarias.
- Promover a formación profesional permanente, en particular, a formación en intervención comunitaria.
As Entidades e Servizos que actualmente integran este Comité Técnico son:
- O propio PLAN COMUNITARIO DE TEIS
- A U.T.S. (Unidade de Traballo Social) TEIS E TRAVESÍA
- O CENTRO DE SAÚDE DE TEIS
- ALBORADA - VIGO (Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga)
- CARITAS DIOCESANA DE TUI - VIGO
- O CENTRO DE DÍA DE MAIORES “ATALAIA”
- Os CENTROS EDUCATIVOS DE TEIS (a través dos/as seus/súas Orientadores/as educativos/as).
- Os HERMANOS MISIONEROS DE LOS ENFERMOS POBRES
- O FOGAR SANTA ISABEL
Puntualmente, e para o tratamento de temas concretos, son convidadas ademáis outras Entidades.