Liñas estratéxicas actuais
As nosas liñas de traballo actuais teñen a súa orixe nas liñas programáticas trazadas na Diagnose Comunitaria de Teis realizada entre 2007-2010, seguindo rigurosamente os seguintes pasos:
1. Análise das demandas diagnósticas.
2. Accións acertadas (ata o momento).
3. Accións posibles (cara ao futuro).
4. Recursos dispoñibles.
5. Implicación de Colectivos e demáis Axentes relevantes.
6. Definición dos Programas Comunitarios.
7. Realización dos programas comunitarios definidos.
Desde 2010 ata a actualidade, tales liñas teñen sido revisadas e actualizadas periódicamente para dar resposta ás demandas sociais do momento, sendo as actuais as que dan nome aos nosos Programas Comunitarios vixentes en materia de Saúde e Educación, Ocio e Tempo Libre e Urbanismo e Medioambiente