Comités
Por que os Comités?
A complexidade do proceso comunitario, obrigounos, desde o principio, a axilizar e optimizar o traballo coordinado para temas concretos sobre os que se requiría afondar e precisaban dunha maior adicacación.
Pronto chegamos ao convencemento de que, para algúns asuntos, precisábamos da formación de comités específicos e representativos das colectividades maioritariamente afectadas cara a operativizar a toma de decisións comúns.
- En 1999, trás atender, conxuntamente coas ANPAS, una demanda efectuada polos centros educativos (educar nunha alimentación sá), estableceuse (sin acto formal de constitución) un grupo específico de traballo para temas de educación e saúde en representación do colectivo de nais e pais de todos os centros eduativos do barrio: O comité interanpas.
- A partires do ano 2004, comezou un proceso avaliativo, no que a opinión dos/as proesionais dos servizos - tan necesaria para unha análise profunda dos indicadores avaliados-, facíase moi difícil de compaxinar coas xuntanzas colectivas para a toma de decisións importantes. Logo de moitos intentos, determinamos crear un comité técnico onde os profesionais (nominativamente asignados polos seus servizos) puderan traballar os asuntos específicos que lles competían de maneira eficaz e que servira de aval técnico das nosas accións.
- A partires do ano 2008, tras varios anos de mobilizacións e reivindicacións conxuntas de todos os colectivos do barrio, para paralizar o PXOUM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) recuperouse a metodoloxia da mesa de traballo de 1992 e creouse un grupo específico de traballo para temas de interese común (sobre todo a nivel de infraestruturas e mediambiente) que foi consolidándose, ata que en 2016 conformouse -sen acto formal de constitución- como comité de colectivos.
Os tres comités seguen activos na actualidade.
Os Comités:
- Permítennos traballar en pequenos equipos dinamizadores e canalizadores de intereses concretos e colectivamente compartidos, o que posibilita uhna maior representatividade da colectividade á que representa.
- Organízanse de forma autónoma contando coa supervisión e o apoio do Plan Comunitario de Teis que é quen os sostenta e da sentido, incorporándoos a súa estrutura organizativa
- Cada Comité planifica o seu traballo con obxectivos específicos propios, distribuíndo tarefas e responsabilidades entre os seus/súas membros/as.
- Reúnense periódicamente para debater, analizar e intercambiar experiencias.
- Os comités están abertos a novas incorporacións que sumen e enriquezan o resultados dos asuntos sobre os que se traballe.
- Ademáis de participar nos nosos programas de maneira activa, os comités xeran actividades comunitarias das que participa a poboación xeral e nas que a bidireccionalidade é un valor engadido.
.