Cookies

Non hai fronteiras!

Non hai fronteiras!
Proxecto de desenvolvemento persoal coas mulleres migrantes veciñas do Barrio

Desde - Hasta: 05/09/2022 - Actualmente

                    

Este proxecto busca traballar coas mulleres migradas veciñas do barrio, conectando diferentes saberes, espazos tempos  que permitan construír un barrio máis inclusivo e equitativo.

O proxecto xira ao redor de catro elementos fundamentaisinclusión, multiculturalidade, participación activa e convivencia, con un enfoque baseado no desenvolvemento humano centrado na persoa e os seus dereitos para establecer contornas propicias a nivel comunitario e asegurar a cohesión social.

Establécese o territorio como escenario de participación no que se pretende involucrar, empoderar e impulsar ás mulleres migradas como veciñas que contribúan ao desenvolvemento do barrio no que viven

Estamos convencidos de que a inclusión abrangue aspectos moi diversos e, nese convencemento, promovemos o traballo en rede para conseguir unha perfecta coordinación entre os/as profesionais implicados/as cara ao seguimento e titorización das mulleres que participen no proxecto.

O Proxecto está dirixido ás mulleres de orixe estranxeira que residen no barrio de Teis.

Os obxectivos que pretendemos alcanzar son os seguintes:

  1. Visibilizar ás mulleres migradasveciñas do barrio.
  2. Dotar ás mulleres migradas do barrio das competencias básicas de lecto-escritura e fala da lingua castelá e galega e proporcionar a adquisición das técnicas instrumentais básicas para iniciar e/ou mellorar o proceso de aprendizaxe na contorna dixital.
  3. Facilitar o proceso de integración deste colectivo na nosa comunidade proporcionándolles os coñecementos necesarios para desenvolverse na súa contorna vital como veciñas.
  4. Aumentar a cohesión grupal, o entendemento mutuo e a solidariedade entre as mulleres como colectivo, a súa autoestima e o empoderamento, axundandoas a poder participar activamente en actividades de socialización normalizadas e normalizadoras.
  5. Fomentar actitudes de tolerancia e adaptación mutua das comunidades implicadas como forma activa de cumprimento do respecto á diversidade desde o empoderamento individual-colectivo.
  6. Motivar á comunidade para identificar a súa realidade e xerar conciencia sobre o seu papel transformador

Estas son as actividades que se realizarán coas participantes:

  • Alfabetización e coñecemento das linguas castelá e galega.
  • Alfabetización dixital.
  • Actividades de socialización.
  • Actividades de resocialización comunitarias.

 

Para saber máis  podes ver a memoria facendo un  clic aquí

Se queres coñecer os recursos cos que colaboramos pica aquí