C. Ocio e Tempo Libre
A Comisión de Ocio e Tempo Libre está integrada por Asociacións e Agrupacións Deportivas, Comité InterAnpa, Comité técnico do barrio e –puntualmente- outros colectivos e persoas a título individual.
A finalidade desta Comisión de traballo é propoñer, debater, avaliar e participar no desenvolvemento de programas e actividades de ocio, deporte e tempo libre. (se queres ver os programas que están activos nesta comisión pica aquí).
A maiores, permite aos/ás integrantes da Comisión establecer interrelacións proactivas e fructíferas para a xeración de novas actividades conxuntas, que de outro xeito nunca chegarían a efectuarse.
Realízanse xuntanzas periódicas para analizar e suxerir propostas de programas e actividades lúdicas e deportivas; e para a coordinación, seguimento e avalización de programas, proxectos e propostas realizadas no marco do traballo da Comisión.
Actualmente integran a Comisión de Ocio e Tempo Libre:
- Comité interANPAS
- Entidades Sociais e ONGs (representadas no Cominté Técnico)
- Club Deportivo A Guía (representado pola súa directiva)
- Club Ciclísta de Teis (representado pola súa directiva)
- Colectivos e persoas interesadas e que poidan aportar coñecementos sobre o tema e/ou programa de que se trate.
- Un representante da xunta directiva do Plan Comunitario de Teis (neste caso Presidente: Eduardo García Crespo e, as veces por delegación, J. Amador Bernardo Vazquez)
-
Equipa técnica do Plan Comunitario de Teis (Coordinadora Técnica e Educadora Social)