A nosa forma de traballar
O noso modelo de intervir na Comunidade descansa sobre as bases seguintes:
- A propia Comunidade será obxecto e suxeito da intervención comunitaria, o que implica, pola nosa banda, asumir con todas as consecuencias os principios de participación e capacidade de autoorganización da Cidadanía.
- O modelo de intervención será contrario á proliferación sistemática de Servizos especiais, dirixidos a persoas especiais, que etiquetan e compartimentan á Cidadanía e xeran, xa de por sí, marxinación
- Os organismos e servizos que están a actuar na comunidade (ensino, sanidade, promoción laboral, servizos sociais) deberán estar integrados nos programas de intervención.
- Todos os servizos actuarán coordinados entre si, e tamén coa comunidade organizada, de xeito que conformen un conxunto estruturado e sistematizado que permita e posibilite unha intervención perfectamente imbricada.
Pola súa parte, as liñas metodolóxicas que contextualizan a nosa intervención comunitaria son as seguintes:
- A comunidade é algo concreto e definible (desenvólvese nun território delimitado, cunha poboación definida e cuns recursos determinados).
- As accións e programas deben ser globais e integrais.
- As intervencións deben estar asentadas nas propias forzas e recursos da comunidade.
- As forzas e recursos da comunidade deben estar organizados, coordinados, optimizados e mobilizados.
- O traballo debe organizarse como ferramenta de solidariedade socialmente eficiente, eficaz e rendible.
-
Deben ser fins en si mesmos:
- A participación.
- A comunicación.
- A superación de prexuízos e actitudes segregadoras.
- O incremento da concienciación.
- O fortalecemento dun tecido social vivo e capaz de reaccionar fronte ás necesidades emerxentes.