Facendo Barrio
As veciñas e veciños, os colectivos, axentes sociais e recursos traballan conxuntamente por un Teis mellor.
Desde - Hasta: 24/04/1995 - Actualmente
A forma de traballar do Plan Comunitario de Teis, permite estruturar todos os cimentos sociais, urbanísticos e mediambientais da comunidade, fortalecendo o tecido social para construir un barrio mellor.
(Se queres ver o vídeo fai clic na foto)
No noso barrio, existe unha veciñanza con sentido de pertenza e arraigo territorial, con intereses comúns en relación ao que significa a mellora do barrio, tal e como se reflectiu na Diagnose Comunitaria (2007-2010), identificando problemáticas e establecendo liñas comunitarias de traballo:
(Se queres velo máis grande fai clic no cadro)
Desde o Plan Comunitario de Teis canalizamos e coordinamos as sinerxias creadas na rede veciñal para ir facendo o barrio desexado. A veciñanza convírtese, así, en protagonista e destinataria do proceso de cambio.
Recollemos as demandas dos veciños e veciñas de Teis (poboación destinataria do Programa) e tratamos de darlle resposta a través dos programas comunitarios, organizando o traballo nas diferentes comisións en coordinación con todos/as os/as axentes sociais e recursos presentes no barrio.