Cookies

Proxecto socieducativo a través da natureza

Proxecto socieducativo a través da natureza
Eduación en hábitos de vida saudable e contacto coa natureza da contorna máis próxima: A Madroa.

Desde - Hasta: 01/09/2010 - Actualmente

Este programa enmárcase no proxecto preventivo e ten como finalidade que as persoas destinatarias adquiran os coñecementos, os valores, e as habilidades prácticas para participar responsable e eficazmente na prevención e solución dos posibles problemas ambientais, utilizándoas como ferramenta válida para o respecto e a convivencia pácifica cos/as seus/súas iguais.

Este programa está dirixido a nenos e nenas dos ciclos de infantil a secundaria dos centros educativos do barrio de Teis.

Os obxectivos que persiguimos son:

  • Impulsar as relacións respetuosas entre iguais e coa contorna máis próxima (contorna social e contorna ambiental)
  • Dar a coñecer o valor do respecto e a convivencia a través do respecto e a convivencia co ambiente.
  • Fomentar hábitos saudables nas súas relacións diarias cos e cas súas iguais e co seu ambiente.
  • Potenciar a cohesión grupal.
  • Promocionar o traballo de recuperación da Comunidade de Montes de Teis no Monte da Madroa
  • Favorecer o coñecemento do Litoral de Teis

​(Fai clic nas fotos se queres ver a fauna e flora do Monte da Madroa

         

Para conseguir os obxectivos, artellamos diferentes accións formativas que se desenvolven ao longo de todo o ano escolar e que abranguen saídas, sesións nas aulas, obradoiros, etc. co

Realizamos este programa en colaboración coa Comunidade de Montes de Teis e Voces polo Litoral de Teis.

 

Se queres coñecer os centros educativos cos que colaboramos pica aquí