Guindastres
Apoio pedagóxico e lúdico-social a menores de 6-14 anos en situación de risco e as súas familias
Desde - Hasta: 01/08/2019 - Actualmente
"Guindastres" Teis é un programa que contempla as diferentes posibilidades de apoio (educativo, emocional, lúdico, comunitario, integrador, global) para dar unha resposta acertada ás necesidades e demandas dos máis febles e vulnerables: os/as menores.
Trátase de ofrecer apoio socioeducativo a menores e familias para favorecer o éxito escolar estimulando o seu desexo de aprender e aportando valores que lles permitan crecer como seres sociais, responsables, solidarios/as, tolerantes, e capacitados/as para a vida familiar e interrelacional, contribuindo ao seu crecemento intelectual e socioafectivo
Os destinatarios directos do Programa son nenos e nenas de 6-14 anos do Barrio de Teis en situación de risco e as súas familias.
A filosofía primeira e fundamental do Programa é acadar a normalización necesaria para o desenvolvemento global e efectivo destes/as nenos/as a través do apoio pedagóxico e lúdico-social.
Os obxectivos das actividades encamíñanse a súa integración total
- fomentando a adquisición e desenvolvemento de habilidades sociais (de comunicación, de relacións interpersonais...) e instrumentais (de organización, de resolución de problemas e toma de decisións...) vinculadas co rendemento escolar e a vida cotiá.
- implementando actitudes e aptitudes que posibiliten a relación interpersoal entre todos os rapaces e rapazas e o respecto e valoración entre grupos de iguais e as persoas en xeral.
- potenciando a integración e interacción de nenas e nenos e as súas familias na súa contorna (Barrio de Teis)
A coordinación e o intercambio de información entre profesionais, posibilita o óptimo desenvolvemento do programa e a consecución dos resultados desexados na evolución emocional, social e curricular dos nenos e nenas que participan no "Guindastres".
O establecemento de protocolos de actuación conxuntos cos e cas profresionais de referencia, consolida un espazo de apoio e derivación de persoas en situación de especial vulnerabilidade.
Como coordinadora de barrio o Plan Comunitario de Teis provoca e potencia a interacción das e dos menores e as súas familias en e co seu barrio, favorecendo a súa participación e integración en actividades/recursos/servizos.
Con esta metodoloxía comunitaria lógrase artellar unha intervención interdisciplinar que favorece procesos normalizadores.
Se queres coñecer en profundidade este Programa, pica aquí.
Para saber con que resursos e Centros de Ensino traballamos fai un clic aquí.